UGT pon en marcha a súa nova web na Universidade de Vigo
A Sección Sindical de UGT na Universidade de Vigo pon en funcionamento o seu novo portal web co obxectivo de facilitar o acceso á información sindical, á documentación de interese e aos distintos recursos dispoñibles para o persoal universitario.
A nova web nace cunha estrutura clara e accesible, orientada a facilitar a consulta desde dispositivos móbiles e a mellorar a comunicación co Persoal Docente e Investigador (PDI), o Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (PTXAS) e o persoal investigador.
Entre os contidos xa dispoñibles figuran apartados específicos dedicados á representación sindical, á afiliación, á documentación de interese, á igualdade, á prevención de riscos laborais e á información relacionada coa actividade sindical na Universidade de Vigo.
A web continuará incorporando progresivamente novos contidos, documentación, recursos e información de actualidade coa finalidade de converterse nun punto de referencia para a comunidade universitaria.
UGT agradece o interese e a colaboración de todas as persoas que participan no fortalecemento dunha universidade pública, de calidade e comprometida co seu persoal.
