Cartel da folga xeral do 11 de novembro convocada por UGT

Folga xeral do 11 de novembro: salarios dignos e vivenda accesible

UGT convoca unha folga xeral de 24 horas este mércores 11 de novembro para reclamar salarios dignos, convenios colectivos desbloqueados, acceso a unha vivenda accesible e mellores condicións laborais.

Baixo o lema «Se o traballo non dá para vivir, paramos o país», a convocatoria denuncia que o incremento do custo da vivenda e dos prezos non está sendo acompañado por unha evolución equivalente dos salarios, o que dificulta cada vez máis que as persoas traballadoras poidan desenvolver unha vida digna.

Entre as principais reivindicacións da convocatoria atópanse:

  • Incrementos salariais dignos, con especial atención aos salarios máis baixos.
  • Desbloqueo dos convenios colectivos paralizados.
  • Ampliación do parque público de vivenda e alugueiros accesibles.
  • Limitación dos prezos do alugueiro nas zonas tensionadas.
  • Protección fronte aos desafiuzamentos.
  • Avance na redución da xornada e mellora das condicións laborais.

A convocatoria non se dirixe contra ningún partido político, senón que reclama solucións das administracións públicas, dos gobernos e das organizacións empresariais responsables de negociar e desbloquear os convenios.

Servizos mínimos na Universidade de Vigo

A Xerencia da Universidade de Vigo publicou no taboleiro electrónico da institución a instrución relativa aos servizos mínimos aplicables durante a xornada de folga.

As persoas interesadas poden consultar a resolución completa na seguinte ligazón:

Consultar a publicación sobre os servizos mínimos no taboleiro electrónico da UVigo

Recomendamos consultar directamente a documentación oficial para coñecer os servizos afectados e as condicións concretas establecidas pola Universidade.

Polos nosos salarios, pola nosa vivenda e polo noso futuro.

O 11 de novembro, mobilízate!

Documentos para descargar

Publicacións similares