Aviso legal

Esta web ten como finalidade facilitar información sindical e laboral de interese para o persoal da Universidade de Vigo e dar a coñecer a actividade da Sección Sindical de UGT.

Os contidos desta web son responsabilidade da Sección Sindical de UGT na Universidade de Vigo. A Universidade de Vigo presta unicamente o servizo de aloxamento.

A Sección Sindical procura que a información publicada sexa clara, correcta e actualizada. Non obstante, os contidos teñen carácter informativo e non substitúen a consulta das disposicións normativas, convocatorias, acordos ou documentos oficiais correspondentes.

A web pode incluír ligazóns a páxinas e recursos externos. A Sección Sindical de UGT na Universidade de Vigo non se responsabiliza da dispoñibilidade, actualización ou contido deses sitios externos.

Para comunicar un erro, solicitar unha actualización ou formular unha consulta relacionada cos contidos da web, podes escribir a infougt@uvigo.gal.