Nesta sección atoparás os principais accesos para consultar a normativa, os regulamentos, as instrucións e os acordos da Universidade de Vigo.
Tamén se inclúen recursos institucionais de carácter transversal que permiten realizar trámites, consultar información pública e acceder a documentación de interese para o persoal.
Normativa institucional
A Universidade de Vigo dispón dun repositorio oficial no que se pode consultar a normativa segundo o seu tipo, rango ou ámbito, así como realizar procuras por palabras clave.
- Arquivo oficial de normativa da Universidade de Vigo
Acceso a regulamentos, instrucións, acordos e outras disposicións da Universidade de Vigo, así como á normativa estatal, autonómica e europea relacionada coa actividade universitaria.
Normativa en exposición pública
Neste espazo poden consultarse os proxectos normativos sometidos a exposición pública pola Universidade de Vigo, así como os procedementos cuxo período de participación xa rematou.
- Normativa en exposición pública da Universidade de Vigo
Consulta dos proxectos normativos en tramitación e da información relacionada cos procesos de exposición pública.
Recursos institucionais de consulta
Estes recursos facilitan a realización de trámites electrónicos e o acceso ás publicacións oficiais, á información institucional, á documentación sobre o persoal e á información relativa á protección de datos.
- Sede electrónica da Universidade de Vigo
Acceso ao catálogo de procedementos, á presentación de solicitudes, aos expedientes, ás notificacións electrónicas e a outros trámites da Universidade de Vigo. - Taboleiro de anuncios da Universidade de Vigo
Consulta de acordos, convocatorias, normativa, instrucións, procesos electorais e resolucións publicadas oficialmente - Portal de Transparencia da Universidade de Vigo
Información institucional, económica e orzamentaria, normativa, plans, convenios, datos sobre o persoal e outra información pública da Universidade de Vigo. - Información sobre o persoal no Portal de Transparencia
Acceso á relación de postos de traballo, retribucións, compatibilidades e outra documentación relacionada co persoal da Universidade de Vigo. - Protección de datos na Universidade de Vigo
Información sobre o tratamento e a protección dos datos persoais, a normativa aplicable e o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos.
Última revisión das ligazóns: outubro de 2026.
Tes algunha dúbida?
Se tes algunha dúbida relacionada coa normativa da Universidade de Vigo ou coa súa aplicación ao persoal, podes contactar connosco.
Desde UGT UVigo tentaremos orientarte e acompañarte na procura da información ou do recurso máis adecuado.
